miércoles, agosto 02, 2006
Qué kaiak construir
Tardei tempo en me decidir qué kaiak construir porque tiña dúbidas de todo, empezando polo método que ia seguir para a sua construcción. A grandes rasgos hai 4 xeitos de construir este tipo de enbarcacións lixeiras:
Como xa vos imaxinaredes escolln o método das tiras de madeira, agora falta o deseño. Pensei en contruir un Guillemot, pero lin moitas críticas pola rede; os principais defectos que se lle atopaban son que é un kaiak lento, pouco apto para travesías, e que ten dificultade para manter o rumbo sen usar unha orza (que non está nos planos). Nick Schade ten outros deseños de kaiaks que son máis atractivos (Mystery).
Outra opción era un Cape Ann Expedition de OneOceanKayaks pero quería algo máis tradicional e comecei a buscar entre os deseñadores nórdicos. Hans Friedel ten un bonito deseño, Ylva (construcción por Richard kohlström), que me resultaba moi atractivo, cheguei a mandarlle un par de correos interesándome pero nunha os respondeu. As liñas do Ylva son semellantes a un dos deseños, Endeavour 17, que se construen en kayakcraft, libro de Ted Moores que é probablemente a mellor referencia para a construccións de kaiaks polo método das tiras de madeira.
Seguindo coas miñas pescudas decidinme finalmente por construir un Njord de Björn Thomasson.
Trátase de unha piragua híbrida no sentido de que se pode empregar tanto para travesías como para xogar, entreténdose con ela practicando esquimotaxes. A forma do casco é moi semellante á dun kaiak tradicional Groenlandés ainda que o aspecto xeral é dun kaiak de paseo. Parécese moito ao casco doutro deseño do mesmo Björn pero que no aspecto xeral non teñen nada que ver, o Black Pearl (un deseño que segue as liñas de deseño antropométrico dos kaiaks Groenlandeses tradicionais pero construido con tiras de madeira).
As imaxes desta entrada pertencen a Björn Thomasson.
- Chasis de madeira recuberto de lona (skin on frame). Método tradicional dos esquimais pero reemplazando coiro de foca por modernos texidos sitéticos.
- Cosido de contrachapado (stitch and glue). Consiste en coser con arame e despois pegar entre si tableiros de contrachapado cortados con unha forma específica para que xuntos semellen unnha embarcación e non unha caixa de zapatos.
- Tiras de madeira (strip build). Método lento e tedioso no que se pasa a meirande parte do tempo construindo unha armazón de madeira que despois non forma parte do kaiak. A dita armazon grápanse (si, grápanse, coma se estivésemos en pretecnoloxía) unha tras outra finas tiras de madeira flexible. Para reforzar isto hai que envolvelo en fibra de vidro untada en unha resina pegañenta.
- Fibras reforzadas con resina (Fiber reinforced plastic). Método moderno no que se superpoñen varias capas de modernos texidos (tecido de vidro, fibras de carbono, kevlar, fibra de aluminio, ...) pegadas entre si por unha resina Epoxi realmente high-tech.
Como xa vos imaxinaredes escolln o método das tiras de madeira, agora falta o deseño. Pensei en contruir un Guillemot, pero lin moitas críticas pola rede; os principais defectos que se lle atopaban son que é un kaiak lento, pouco apto para travesías, e que ten dificultade para manter o rumbo sen usar unha orza (que non está nos planos). Nick Schade ten outros deseños de kaiaks que son máis atractivos (Mystery).
Outra opción era un Cape Ann Expedition de OneOceanKayaks pero quería algo máis tradicional e comecei a buscar entre os deseñadores nórdicos. Hans Friedel ten un bonito deseño, Ylva (construcción por Richard kohlström), que me resultaba moi atractivo, cheguei a mandarlle un par de correos interesándome pero nunha os respondeu. As liñas do Ylva son semellantes a un dos deseños, Endeavour 17, que se construen en kayakcraft, libro de Ted Moores que é probablemente a mellor referencia para a construccións de kaiaks polo método das tiras de madeira.
Seguindo coas miñas pescudas decidinme finalmente por construir un Njord de Björn Thomasson.
Trátase de unha piragua híbrida no sentido de que se pode empregar tanto para travesías como para xogar, entreténdose con ela practicando esquimotaxes. A forma do casco é moi semellante á dun kaiak tradicional Groenlandés ainda que o aspecto xeral é dun kaiak de paseo. Parécese moito ao casco doutro deseño do mesmo Björn pero que no aspecto xeral non teñen nada que ver, o Black Pearl (un deseño que segue as liñas de deseño antropométrico dos kaiaks Groenlandeses tradicionais pero construido con tiras de madeira).
As imaxes desta entrada pertencen a Björn Thomasson.
Os kaiaks non se construen, mércanse...
Despois de facer un mini cursiño de introducción ao piragüismo entroume curiosidade por dito deporte para practicalo de xeito recreacional.
Un kaiak de paseo (ou "touring" para aqueles que somos afeccionados aos anglicismos) custa demasiado. Unha merda de kaiak de sentar enriba (sit on top) básico non baixa dos 400, se pasamos a un kaiak de mar medianamente decente xa ronda a cousa os 1000 e son feos canto queren e máis.
Por aquela época eu non tiña choio asi que pensar en gastar 1000 EUR que non tiña era impensable. Comecei a mirar por internet para ver se a algunha ánima caritativa se lle acordara poñer a libre disposición planos de un molde para facer un kaiak de fibra de vidro e resina de poliester. Iso non o atopei, pero atopei gran cantidade de páxinas con explicacións de como facer kaiaks de madeira.
Estas páxinas foron o xermolo dun desexo que medrou ao longo dos meses e incluso dun par de anos :-). Despois viñeron libros sobre o tema, búsqueda de deseñadores, estudar qué características me gustarian para a miña embarcación, etc
Agora estou a piques de comezar a construir o meu primeiro kaiak de madeira. Tempo estimado de realización: 5 anos.
Deica!