miércoles, agosto 02, 2006

 

Qué kaiak construir

Tardei tempo en me decidir qué kaiak construir porque tiña dúbidas de todo, empezando polo método que ia seguir para a sua construcción. A grandes rasgos hai 4 xeitos de construir este tipo de enbarcacións lixeiras:
Se queredes máis informazón destes métodos de construcción pola Internet hai información a moreas (buscade polos termos en inglés).

Como xa vos imaxinaredes escolln o método das tiras de madeira, agora falta o deseño. Pensei en contruir un Guillemot, pero lin moitas críticas pola rede; os principais defectos que se lle atopaban son que é un kaiak lento, pouco apto para travesías, e que ten dificultade para manter o rumbo sen usar unha orza (que non está nos planos). Nick Schade ten outros deseños de kaiaks que son máis atractivos (Mystery).

Outra opción era un Cape Ann Expedition de OneOceanKayaks pero quería algo máis tradicional e comecei a buscar entre os deseñadores nórdicos. Hans Friedel ten un bonito deseño, Ylva (construcción por Richard kohlström), que me resultaba moi atractivo, cheguei a mandarlle un par de correos interesándome pero nunha os respondeu. As liñas do Ylva son semellantes a un dos deseños, Endeavour 17, que se construen en kayakcraft, libro de Ted Moores que é probablemente a mellor referencia para a construccións de kaiaks polo método das tiras de madeira.

Seguindo coas miñas pescudas decidinme finalmente por construir un Njord de Björn Thomasson.

Njord de Björn Thomasson

Trátase de unha piragua híbrida no sentido de que se pode empregar tanto para travesías como para xogar, entreténdose con ela practicando esquimotaxes. A forma do casco é moi semellante á dun kaiak tradicional Groenlandés ainda que o aspecto xeral é dun kaiak de paseo. Parécese moito ao casco doutro deseño do mesmo Björn pero que no aspecto xeral non teñen nada que ver, o Black Pearl (un deseño que segue as liñas de deseño antropométrico dos kaiaks Groenlandeses tradicionais pero construido con tiras de madeira).



As imaxes desta entrada pertencen a Björn Thomasson.

Björn Thomasson Design

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?