miércoles, agosto 02, 2006
Os kaiaks non se construen, mércanse...
Despois de facer un mini cursiño de introducción ao piragüismo entroume curiosidade por dito deporte para practicalo de xeito recreacional.
Un kaiak de paseo (ou "touring" para aqueles que somos afeccionados aos anglicismos) custa demasiado. Unha merda de kaiak de sentar enriba (sit on top) básico non baixa dos 400, se pasamos a un kaiak de mar medianamente decente xa ronda a cousa os 1000 e son feos canto queren e máis.
Por aquela época eu non tiña choio asi que pensar en gastar 1000 EUR que non tiña era impensable. Comecei a mirar por internet para ver se a algunha ánima caritativa se lle acordara poñer a libre disposición planos de un molde para facer un kaiak de fibra de vidro e resina de poliester. Iso non o atopei, pero atopei gran cantidade de páxinas con explicacións de como facer kaiaks de madeira.
Estas páxinas foron o xermolo dun desexo que medrou ao longo dos meses e incluso dun par de anos :-). Despois viñeron libros sobre o tema, búsqueda de deseñadores, estudar qué características me gustarian para a miña embarcación, etc
Agora estou a piques de comezar a construir o meu primeiro kaiak de madeira. Tempo estimado de realización: 5 anos.
Deica!